Precaución en Valdoviño pola presenza de carabelas portuguesas
Precaución en Valdoviño pola presenza de carabelas portuguesas
O servizo de socorrismo deu o aviso logo de avistar varios exemplares na praia da Frouxeira
Piden non tocalas para evitar a súa picadura que provoca unha dor intensa
Na praia da Frouxeira en Valdoviño apareceron xa as primeiras carabelas portuguesas da temporada. Os socorristas piden precaución aos bañistas e que eviten o contacto con elas.
As súas bonitas cores chaman a atención de todos, pero ollo, non se deixen levar polo seu aspecto pois a picadura dunha carabela portuguesa pode producir moita dor.
Precisamente estes días avistábanse os primeiros exemplares desta especie na praia da Frouxeira. O servizo de socorrismo pide moita precaución e lembra que non se deben tocar.
Solicitan amais que dean aviso en caso de atopar algún exemplar.
Ata o de agora só se avistaron uns poucos exemplares nesta praia de Valdoviño, aínda así, extremar as precaucións non está de máis.