Milleiros de medusas urticantes aparecen varadas nas praias galegas
Milleiros de medusas urticantes aparecen varadas nas praias galegas
Trátase da especie Pelagia noctiluca, a mesma que chegou aos areais o verán pasado
Millerios de medusas invaden estes días as costas galegas.
"Eu vinas no porto de Laxe". "Hainas pequenas e tamén grandes". "Son de cor rosácea".
Son da especie Pelagia noctiluca, a mesma que o verán pasado chegara ás praias galegas canda as carabelas portuguesas. Desta volta, os primeiros en detectalas foron os mariñeiros.
"Están a flote e tamén veñen nas redes". "A semana pasada xa as vin mar a dentro, pero agora chegaron á costa", din mariñeiros de Laxe.
E xa as viron nos areais.
"Eu fun pasear á praia de Traba e alí había moitas. Eu non sei o que fixo o meu can, pero tiven que ingresalo no hospital". "Din que pican. Eu non sei se pican ou non, pero...".
Os expertos explican que estes invertebrados son urticantes e, malia que son menos perigosos que as carabelas portuguesas, a reacción vai depender da sensibilidade de cada persoa, por iso recomendan non tocalas en ningún caso.