Aparecen milleiros de medusas en dúas praias de Malpica
Aparecen milleiros de medusas en dúas praias de Malpica
O Concello e Protección Civil vense incapaces de retirar tal cantidade e van agardar a que o mar as vaia levando
As praias de Area Maior e Canido, en Malpica, amenceron este mércores con milleiros de medusas da especie Pelagia noctiluca na area.
O suceso prodúcese despois de que nas últimas semanas se detectase a aparición doutra especie de medusas, as carabelas portuguesas, en boa parte da costa galega.
O importante número de invertebrados que chegaron ás praias de Malpica impide que os servizos municipais e Protección Civil poidan retiralas, daquela cumprirá esperar a que sexa o propio mar quen se encargue desta tarefa.
O rexedor de Malpica Eduardo Parga dixo que este fenómeno non é usual, aínda que admitiu que os efectos do cambio climático poderían facer que este tipo de situacións se volvan cada vez máis frecuente na Costa da Morte.