Publicador de contidos
Publicador de contidos

Produtos electrónicos, os máis afectados cara ao Nadal polos problemas de subministración

Produtos electrónicos, os máis afectados cara ao Nadal polos problemas de subministración

As empresas de loxística aseguran que non haberá problemas de desabastecemento

G24.gal 05/11/2021 14:41

Listas de espera nas tendas galegas para mercar algún teléfono ou videoconsola. Dende unha tenda especializada nestes produtos explican que hai varios modelos que lles chegan a contagotas e que a demanda supera a oferta.

Detrás desta tensión no subministración está a crise mundial dos microchips e problemas de produción e transporte dende Asia.

O presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia sinala que na China aínda hai problemas na produción que impiden satisfacer a demanda de occidente.

A preocupación pola falta de determinadas subministracións fai que algúns galegos adianten as compras de Nadal. Os expertos apuntan que a situación será tensa tamén durante 2022 coa previsión de que mellore xa contra o 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar