O Goberno limita a 75 anos a vixencia máxima dunha concesión
O Goberno limita a 75 anos a vixencia máxima dunha concesión
O Ministerio para a Transición Ecolóxica consuma así os cambios no Regulamento de Costas
A Xunta estuda recorrer o reglamento porque ve problemas nas empresas do sector mar-industria
Os cambios confirman o que máis temían no sector mar industria galego. O executivo central limita a 75 anos a vixencia máxima dunha concesión, incluíndo as prórrogas. Ademais a lei obriga aquelas empresas que precisen estar ao lado do mar para desenvolver a súa actividade a demostralo e obter un informe favorable.
O real decreto pon en risco a 4.000 edificacións a maioría empresas, lonxas, depuradoras pero tamén mercados municipais e centros de saúde. O sector critica que desde o ministerio que dirixe Teresa Ribera non os escoitaran. Din que a decisión paralizará os investimentos das empresas.
O Goberno galego lamenta os problemas que a nova lei vai carrear á industria galega e estuda a posibilidade de presentar un recurso.
Outra das novidades refírese aos lindes. A nova lei establece que a suba dunha onda unha soa vez determinará que esa zona pase a ser de dominio público marítimo, cando antes tiñan que producirse cinco ondas en episodios consecutivos.