Publicador de contidos
Publicador de contidos

O estado de varias casas abandonadas preocupa os veciños do barrio lugués de Montirón

O estado de varias casas abandonadas preocupa os veciños do barrio lugués de Montirón

Os terreos dos inmobles están cheas de maleza que invaden a rúa e as leiras lindeiras

Estado dunha das casas abandonadas no barrio de Montirón
G24.gal 18/09/2024 13:34

Veciños do barrio lugués de Montirón quéixanse do estado de abandono de varias casas coas silveiras devorando o espazo do que antes ocupaban os xardíns das vivendas. Denuncian que é un foco de insalubridade que dá acubillo a animalias. 

Os sabugueiros, pero sobre todo as silveiras, fixéronse os donos dos vellos xardíns de tres casas abandonadas deste barrio. Danse tan ben que invaden os terreos das vivendas lindeiras. "Isto leva así anos. Non hai xeito de contactar con eles e estamos nos rozando sempre".

Pois iso era o que andaban facendo este mércores dúas veciñas que, impotentes ante a situación, se puxeron a cortar as silvas para frear o avance cara a súa propiedade. "Aquí ninguén se fai cargo de nada e nos que facemos. A min aféctame moito porque a casa e lindeira á miña e vou cortando eu as silvas". "Eu non vou deixando medrar porque senón chegaría o día en que non puidera pasar á miña casa".

Denuncian que a maleza é un foco de insalubridade. "Hai moito bicho. Ratos e todo iso. É preocupante." "Hai ratas e bicherío de todo tipo por non falar do perigo de incendio se cae unha cabicha".

Hai veces que as silvas invaden mesmo a beirarrúa. "Estorba bastante. Eu ás veces para pasar por aí ás veces teño que facer un rodeo".

Preocupa tamén o estado ruinoso dos inmobles. "A veciña que ten a casa pegada ten medo porque calquera día pode pasarlle algo á súa vivenda". "Estou vendo que a parte de atrás da casa deles está caéndose e vaime caer todo enriba", comenta a afectada.

Reclaman ao Concello que tome medidas e obrigue a limpar as leiras, pero a localización dos actuais donos complícase porque se trata de propiedades compartidas por varios herdeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade