Preocupación pola presenza da eiruga procesionaria nos parques e xardíns da Coruña
Preocupación pola presenza da eiruga procesionaria nos parques e xardíns da Coruña
Trátase dun insecto mortal para os cans e perigoso para as persoas.
Xa comezaron a colocar trampas para acabar coa praga.
Preocupación na Coruña ante a presenza da eiruga procesionaria nos xardíns da cidade. Usuarios do parque de Santa Margarida, por exemplo, din que comezaron a ver os insectos hai un par de meses e mesmo foron quen de gravalos.
Saben que son nocivos para as persoas e os animais polos filamentos velenosos que expulsan do seu corpo cando se atopan ante unha situación de perigo. Por iso, os expertos aconsellan non tocalos e tamén vixiar os cans para que non entren en contacto con eles.
Desde o concello xa comezaron a colocar trampas no alto dos piñeiros, porque nos parques e xardíns públicos está prohibido o uso de insecticidas e produtos químicos, para tratar de poñerlle fin a esta praga.