Publicador de contidos
Publicador de contidos

2.500 desaloxados nos incendios forestais de Zaragoza e Alacant

2.500 desaloxados nos incendios forestais de Zaragoza e Alacant

As condicións meteorolóxicas son desfavorables e as lapas avanzan sen control

As lapas afectan xa 8.000 hectáreas no Moncayo en Aragón e outras 2.200 no Vall d'Ebo, na Comunidade Valenciana

G24.gal 14/08/2022 20:48 Última actualización 14/08/2022 21:12

A meteoroloxía complica a loita contra o incendio do Moncayo, en Zaragoza. O lume, que se estima que arrasou xa 8.000 hectáreas, mantén 1.300 persoas evacuadas e catro estradas cortadas.

O presidente de Aragón puntualizou que as lapas non van tan rápido coma onte, cando comezou, pero que a situación segue sendo crítica.

"Hai tres focos de propagación do incendio. O que máis preocupa é o que ameaza con invadir o Parque Natural do Moncayo"

Que o lume chegue ao parque, ademais de danar un enclave de gran valor, implicaría darlles combustible ás lapas. Lambán asegura que están ben equipados.

"Creo que se está facendo todo o que se pode facer e que temos medios en abundancia"

Tampouco está resultando doada a loita contra o lume do Vall d'Ebo, en Alacant. Comezou onte e leva queimado 3.500 hectáreas. Esta tarde foron desaloxadas varias urbanizacións da zona, como medida preventiva e ante as condicións meteorolóxicas desfavorables, como explicaba a conselleira de Xustiza.

"Están concorrendo todos os factores determinantes para activar un lume. Vento, temperaturas altas, humidade baixa e unha orografía moi complicada"

No do Moncayo aínda están investigando as causas, pero neste os servizos de extinción téñenas claras.

"Foi unha tormenta seca de alto risco e todo obedece á caída dun lóstrego"

Na mesma comunidade hai outros dous incendios activos importantes. As autoridades pediron a axuda da UME tamén para un deles, o de Les Useres, en Castelló.

Mentres, o lume de Jumilla, en Murcia, que tamén mobilizara o exército, deuse por controlado a primeira hora da tarde.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade