Contas estatais "electoralistas" para o PP e "de carácter social" para o PSOE
Contas estatais "electoralistas" para o PP e "de carácter social" para o PSOE
Desde o PSOE, a voceira da súa executiva, Pilar Alegría, destacou que o 60 % do orzamentado vai destinado a gasto social
O presidente do PP, Núñez Feijóo, cualificou os presupostos como "o programa electoral máis caro da historia" de España
O PSOE destaca o carácter social dos presupostos. A voceira da súa executiva e ministra de Educación, Pilar Alegría, asegurou que o efecto Feijóo se diluíu e que o proxecto orzamentario presentado en Bruxelas contempla un gasto social de seis de cada dez euros. Nese sentido, definía así a acción económica do Goberno.
"Afronta os problemas sen panos quentes e, tal como está realizando o presidente Sánchez, pon todos os recursos públicos a favor da cidadanía deste país. Esta crise e esta situación só ten unha saída, que é a de apostar pola xente e polo gasto social para que este país siga crecendo sen que os traballadores, sen que as clases medias, sexan os que paguen".
Pola súa parte, Alberto Núñez Feijóo aludiu ao carácter electoralista dos orzamentos estatais desde as Canarias. Destacou que supoñen un "gasto público exorbitado" e que Sánchez está deixando unha débeda media de 200 millóns de euros cada día. Para o líder do PP, distan moito do que necesita España.
"Os Presupostos que se presentaron para este próximo ano, ano electoral, son o programa electoral máis caro da nosa historia. Nunca en ningún lugar o aumento indiscriminado do gasto público e dos impostos foi a receita axeitada para parar o incremento dos prezos que temos agora en España, a inflación máis alta dos últimos corenta anos".