Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 1.100 persoas aspiran a unha das 90 prazas ofertadas pola Xunta

Preto de 1.100 persoas aspiran a unha das 90 prazas ofertadas pola Xunta

Presentáronse en Silleda este domingo o 45 % das persoas inscritas

Pola tarde é a quenda do corpo administrativo C1, con case 9.000 aspirantes admitidos e 102 prazas ofertadas

G24.gal 02/07/2023 14:10 Última actualización 02/07/2023 14:50

Nova xornada de oposicións en Silleda. Máis de dez mil aspirantes teñen este domingo as probas para optar a unha praza na administración. Na quenda da mañá presentáronse menos da metade dos inscritos.

Para o exame do corpo de Xestión A2 da Xunta estaban inscritas preto de 2.500 persoas. Finalmente presentáronse ao exame 1.071 aspirantes, o 45 % dos inscritos. Nesa categoría hai 90 prazas ofertadas.

Despois de toda unha fin de semana de oposicións no recinto feiral de Silleda, pola tarde é a quenda do corpo administrativo C1, con case 9.000 aspirantes admitidos e 102 prazas ofertadas.

Entre o sábado e o domingo preto de 22.000 persoas estaban chamadas a participar nas oposicións da Xunta para acceder a un total de 387 prazas de emprego público.

Un operativo formado por aproximadamente 280 persoas controla que todos estes procesos selectivos se desenvolvan de maneira correcta e con total seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade