Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta investirá preto de 13,5 millóns para mellorar accesos por estrada á Mariña occidental

A Xunta investirá preto de 13,5 millóns para mellorar accesos por estrada á Mariña occidental

Vaise actuar sobre 35 quilómetros de vía no tramo Viveiro-Cabreiros

Os traballos permitirán acurtar os desprazamentos e mellorar a seguridade viaria

G24.gal 04/05/2022 14:37

Poñer en funcionamento 5 quilómetros de novos carrís para adiantamentos, permitir circular a 90 por hora en todo o tramo ou reforzar o firme na estrada son algunhas das actuacións previstas no plan de mellora e acondicionamento da estrada que une Viveiro coa Terra Chá e a cidade de Lugo.

O proxecto está xa en fase de exposición pública e a conselleira de Infraestruturas asegura que os traballos permitirán unha mellora substancial das comunicacións da Mariña Occidental.

En total vaise actuar sobre un tramo de 35 quilómetros en que tamén está previsto rectificar curvas e mellorar a seguridade en 9 interseccións. O sector empresarial e comercial valoran moi positivamente unhas obras que, consideran, beneficiarán notablemente os negocios da bisbarra de Viveiro.

A Consellería calcula que para finais deste ano estarán licitadas as obras do proxecto previstas para os concellos de Ourol e Viveiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade