Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 18.000 persoas aspiran a unha das 238 prazas de emprego público da Xunta

Preto de 18.000 persoas aspiran a unha das 238 prazas de emprego público da Xunta

Na mañá deste sábado realizouse en Silleda o exame para auxiliar de clínica con 54 prazas

Acudiu o 55 % dos 1.800 inscritos

O domingo será a quenda do persoal subalterno, con case 12.500 aspirantes e 119 prazas ofertadas

G24.gal 08/07/2023 13:56 Última actualización 08/07/2023 14:10

Nova fin de semana con exames de oposición en Silleda. Son preto de 18.000 persoas inscritas nas oposicións da Xunta entre o sábado e o domingo. Hai en total 238 prazas en emprego público ofertadas.

Na mañá deste sábado realizouse no recinto feiral de Silleda o exame para auxiliar de clínica. Hai 54 prazas para cubrir e estaban inscritas algo máis de 1.800 persoas. Finalmente, acudiu o 55 % dos aspirantes.

Pola tarde realizaranse as probas de auxiliar coidador, con case 3.400 inscritos a acadar unha das 65 prazas ofertadas.

O domingo será a quenda do persoal subalterno, no que está prevista a participación de case 12.500 aspirantes para cubrir 119 prazas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar