Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de dous mil camioneiros seguen bloqueados nos accesos ao porto de Dover

Preto de dous mil camioneiros seguen bloqueados nos accesos ao porto de Dover

 

A empresa navieira P&O suspendeu os transbordadores no canal da Manga debido a unha investigación penal 

G24.gal 09/04/2022 19:40

A situación de colapso no porto de Dover ten bloqueados milleiros de camioneiros que saen do Reino Unido en dirección a Francia. Uns dous mil camións están paralizados desde a madrugada do venres, con ringleiras de 30 quilómetros e tempos de espera de ata 12 horas.

Unha das principais navieiras que cruzan o canal da Manga suspendeu a súa actividade despois de que o Goberno británico lle abrira unha investigación penal por un problema laboral.

Outros dous factores complican a situación: os problemas técnicos dos novos controis aduaneiros tras o brexit e o aumento do tráfico na Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade