Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 23.000 persoas optan a unha praza fixa no ensino galego

Preto de 23.000 persoas optan a unha praza fixa no ensino galego

Os futuros mestres de primaria e secundaria examínanse nunha mesma fin de semana 

G24.gal 18/06/2022 14:05 Última actualización 18/06/2022 14:30

Esta fin de semana botou a andar a oferta galega de emprego público no ensino primario e secundario con máis de 2.600 prazas convocadas. Un total de catorce concellos nas catro provincias galegas acollen os distintos tribunais.

Educación oferta 2.484 prazas, 1.148 para o ensino primario e 1.087 para o ensino secundario. Ao presentarse máis de 22.900 opositores a ratio é de 9 candidatos para cada praza fixa. 

Como exemplo de toda Galicia sérvenos o IES Politécnico de Vigo. O centro acolleu este sábado a oposición para o ensino primario infantil. Noutros centros examinábanse os da área musical e os de pedagoxía terapéutica.  

Neste 2022 esta oposición está enfocada aos que se acaban de licenciar e aos profesores con pouca experiencia. O peso dos méritos, a antigüidade, medirase o ano que vén no concurso de méritos do ensino de 2023.

Por iso moitos consideran que esta é a súa oportunidade de sacar unha praza sen ter experiencia previa. O domingo examinaranse os aspirantes a ter unha praza fixa no ensino secundario. Hai 1.087 prazas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade