Cargando resultados...
Preto de 4.200 persoas optan a unha das 102 prazas da Xunta na categoría C1
Preto de 4.200 persoas optan a unha das 102 prazas da Xunta na categoría C1
Presentáronse en Silleda na tarde do domingo o 48 % dos inscritos
G24.gal
02/07/2023 20:52
Última actualización 02/07/2023 21:13
En toda a fin de semana milleiros de persoas asistiron ás oposicións da Xunta para intentar conseguir unha das 387 prazas de emprego público ofertadas.
Na mañá deste domingo presentáronse ao exame 1.071 aspirantes, o 45 % dos inscritos na categoría de corpo de Xestión (A2). Hai 90 prazas por cubrir.
Pola tarde foi a quenda do corpo Administrativo (C1), con 102 prazas. Dos 8.700 inscritos acudiron a Silleda preto de 4.200, o 48 % da listaxe de admitidos.
Un operativo formado por aproximadamente 280 persoas controlou que todos estes procesos selectivos se desenvolvesen de maneira correcta e con total seguridade.