Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns 500 opositores loitan para acadar unha das 271 prazas de médico de familia

Uns 500 opositores loitan para acadar unha das 271 prazas de médico de familia

As probas realizáronse este domingo no recinto feiral de Silleda

Das 271 prazas ofertadas, 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 á promoción interna e 13 á de discapacidade xeral

Participaron nos exames o 81 % dos aspirantes inscritos

G24.gal 23/06/2024 14:28 Última actualización 23/06/2024 17:38

Centos de aspirantes comezaban este domingo en Silleda os exames de oposición coa vista posta nas 271 prazas de médico de familia ofertadas polo Sergas. 

"Quero unha praza en propiedade mellor da que teño, xa teño unha no Sergas, teño outra fóra do Sergas pero quero mellorar as miñas condicións laborais", "estiven estudando desde xaneiro, eu creo que me vai saír ben, teño ademais bastante tempo traballado e creo que si que vou sacar a praza", "son médico de urxencias no CHUAC, veño probar a ver se cae a praza de primaria", comentaban algúns dos opositores.

A participación nas probas foi elevada.

"Dos 606 aspirantes admitidos ao proceso selectivo, hai 493 que están a realizar a oposición, o que supón unha participación do 81,35 %. Estamos moi contentos con esta participación porque necesitamos a estes aspirantes", dixo María del Mar Pousa, directora xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Esta convocatoria chega precisamente nun momento no que hai déficit de médicos de atención primaria, unha situación que a Xunta está tratando de paliar con diferentes medidas.

"Eu creo que a proba vai ser accesible, teño como un presentimento, van saír moitas prazas porque necesitan xente para primaria", comentaba un aspirante.

Antes de comezar as probas había nervios entre os participantes. Xóganse moito no seu futuro profesional.

"Sempre me poño bastante nerviosa para un exame e opcións, a ver, intentei preparalo todo o que puiden"; "Preparei algo os temas lexislativos e a parte médica a ver como sae porque é o que facemos todos os días na consulta", dicían outras opositoras.

Das 271 prazas ofertadas, 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 á promoción interna e 13 á de discapacidade xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade