Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case 1.400 persoas optan a unha praza de especialidade médica do Sergas

Case 1.400 persoas optan a unha praza de especialidade médica do Sergas

Máis do 80 % de aspirantes acudiron facer a proba en Silleda este sábado

O Servizo Galego de Saúde convocou 163 postos de 37 ramas diferentes

G24.gal 16/03/2024 15:10 Última actualización 16/03/2024 21:29

No recinto feiral de Silleda, celebráronse 37 exames de oposición diferentes este sábado. Son as probas para acceder a distintas especialidades médicas do Sergas. Ofértanse 163 prazas.

"Eu preséntome ao exame de Nefroloxía".

"Faremos o que se poida".

"Son médico especialista en Endocrinoloxía e Nutrición".

"Imos intentar sacar praza de médico asistencial do 061, só hai unha praza", din varios aspirantes.

Sen ser unha xornada multitudinaria en canto a número de aspirantes, si supón un reto organizativo no que participan máis de 200 profesionais. 

"Estamos facendo concurso oposición de 37 categorías de médico, queda nas próximas semanas o último exame de Atención Primaria e remataremos un proceso, no que case 4.000 profesionais conseguiron praza en propiedade e os que se presentaron máis de 150.000 candidatos", di o Conselleiro de Sanidade, Julio Gacía Comesaña.

Na quenda da mañá, das pouco máis de 700 persoas admitidas presentáronse 568. Pola tarde, acudiron 806, o 81 % das convocadas.

"Espero que non sexa moi difícil e prepareino o que puiden, tampouco moito".

"En busca dunha estabilidade, traballo temos na miña especialidade, que é Rehabilitación, pero estabilidade non".

Dúas aspirantes realizaron os exames dende os hospitais de Santiago e Ferrol ao atoparse nos últimos días de embarazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade