Preto de doce mil aspirantes examínanse esta fin de semana en Silleda nas oposicións do Sergas
Preto de doce mil aspirantes examínanse esta fin de semana en Silleda nas oposicións do Sergas
A categoría que reúne o maior número de opositores é a de enfermería
Tres pavillóns e 42 portas para máis de dez mil aspitantes a 1.556 prazas de enfermería... Son números que requiren traballo en equipo. Colaboradores do Sergas fórmanse para atender o control de acceso, que será cun QR.
"O QR que facilita? Evitar unha aglomeración no momento do chamamento, que antes se realizaba un chamamento. Ligando o QR a unha folla de respostas xa acceden ao recinto, co que agardamos que sexa máis áxil a entrada dos aspirantes", di María José Montero, subdirectora xeral de Selección de Persoal do Servizo Galego de Saúde.
Outra novidade afecta as embarazadas. As ingresadas seguirán facendo o exame no hospital. Pero se se poñen de parto terán dúas semanas máis para facer a proba.
"É a primeira vez que se pode facer o exame se ese día estás de parto nos quince días seguintes. Ter en conta que no Sergas máis do oitenta por cento do persoal é muller e en enfermería danse moitos casos de mulleres embarazadas", di Ana María Comesaña, directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Haberá unha sala de lactación, e un dispositivo especial dos corpos de seguridade e emerxencias que velarán polo proceso... Nada de tecnoloxía.
"Bolígrafo si, e tamén podes levar auga. Vai ir calor, coa calor é normal que leves líquido. E pouco máis", di Comesaña.
E con todo listo, o importante é chegar a tempo a Silleda. Haberá controis de acceso nas estradas e autoestrada. Por iso se recomenda aos participantes que vaian de xeito gradual e tan pronto poidan.
A empresa Mombus porá autobuses para facilitar desprazamentos. Canda eles, tradutores, informáticos, vixilantes... En total, máis de mil persoas implicadas no proceso que arrancaba hai meses, coa convocatoria das oposicións, os temarios, a selección dos tribunais e a elaboración dos exames.