Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto dun milleiro de traballadores de Abanca mobilízanse para pedir melloras salariais

Preto dun milleiro de traballadores de Abanca mobilízanse para pedir melloras salariais

Os empregados aseguran que nos últimos anos perderon un 25 % do seu poder adquisitivo

G24.gal 11/01/2024 21:46 Última actualización 11/01/2024 22:45

Preto de un milleiro de traballadores de Abanca mobilizáronse durante a xornada de folga convocada por CIG e ASCA e saíron ás rúas da Coruña para protestar contra os recortes e esixir melloras salariais.

Fontes próximas a Abanca informaron que o paro "non afectou de forma significativa aos servizos" da entidade bancaria e que o seguimento "foi desigual, entre o 5 e o 15 %".

Segundo a CIG, un 90 % da oficinas permaneceron pechadas durante esta xornada de folga, que contou, din, pola súa banda, cun seguimento "masivo".

Nunha manifestación que reuniu máis de mil persoas na Coruña e que saíu do Obelisco, a secretaria de Alternativa Sindical de Caixas de Aforro (ASCA) María Mosquera sinalou que o obxectivo deste paro é lograr que "a empresa sente a negociar" e tentar "recuperar moitas cousas" xa que os empregados perderon "ao redor do 25 % de poder adquisitivo".

Mosquera lembrou que a perda de poder adquisitivo únese "ao mal clima laboral, a presión excesiva por obxectivo, a pouca conciliación e o peor horario do sector".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos