Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vintena de localidades galegas comezaron a despedida do ano pola mañá

Unha vintena de localidades galegas comezaron a despedida do ano pola mañá

Adiantaron as baladas e as uvas ás doce da mañá

En Sanxenxo e Foz atrevéronse co último baño do ano no mar

 

G24.gal 31/12/2023 20:47 Última actualización 31/12/2023 21:13

Con este ambiente Vilagarcía anticipaba a entrada no ano novo. Desde as doce da mañá, o concello vive extraoficialmente no 2024 e a festa é continua. Repartiron 350 quilos de uvas e máis de 400 botellas de cava.

En Sanxenxo quedaron sen calendarios do 2023 pero non sen música. Coa queima dos almanaques comezaban esta mañá a celebración. Ao mediodía soaron as badaladas, houbo cotillón e moitas apertas.

Xa pola tarde, na praia de Silgar, os máis atrevidos déronse o último baño do ano. Foi un mergullo solidario organizado pola Asociación Aldaina co obxectivo de recadar fondos para a investigación do cancro infantil.

Na Mariña de Lugo tamén houbo despedida do ano no mar. Para este grupo de bañistas xa é tradición bañarse o 31 de decembro na praia da Rapadoira en Foz e despois brindar xuntos con cava cos mellores desexos para 2024. 

Máis abrigados despediron o 2023 nesta montaña de Pena dos Catro Cabaleiros  a 1.100 metros de altitude. Neste lugar que une os concellos lucenses de Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, O Incio e Samos iniciaron o ano con algo máis que uvas e bos propósitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos