Previa 1ª RFEF: Lugo, Arenteiro e Dépor buscan prolongar o bo momento. O Celta Fortuna, rachar o malo
Previa 1ª RFEF: Lugo, Arenteiro e Dépor buscan prolongar o bo momento. O Celta Fortuna, rachar o malo
Previa 1ª RFEF: Lugo, Arenteiro e Dépor buscan prolongar o bo momento. O Celta Fortuna, rachar o malo
Tres dos catro galegos atópanse cun momento que buscan prolongar
Lugo, Arenteiro e Deportivo veñen de gañar o último partido
O Celta Fortuna encadea 3 derrotas consecutivas
O Celta Fortuna xa está en Palamós onde dentro duns minutos, ás 16, tentará rachar cunha xeira de tres derrotas consecutivas ante un Cornellá que perdeu sen marcar os catro últimos partidos.
Mentres, ás 20, o Real Unión e o Lugo enfrontaranse en Irún co obxectivo de darlle continuidade a vitoria da última xornada. Para Paulo Alves é o momento de que o equipo día un paso adiante e para iso acaba de reforzarse con Fran Mérida e Mario da Costa.
Tamén o Deportivo buscará prolongar o seu bo momento de xogo e de resultados ante o Fuenlabrada nun partido que será ofrecido mañá ás 19 pola G2. Os coruñeses só perderon nunha das dez últimas xornadas e acumulan dúas vitorias seguidas.
O Arenteiro encargarase de pechar a xornada mañá as 20 nas Llanas fronte ao penúltimo clasificado, o Sestao. Un enfrontamento en que Javi Rey vai coa lección aprendida. De puntuar, o Arenteiro acumularía catro encontros sen perder e achegarías de novo a zona alta da clasificación.