Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira intervención cirúrxica de Galicia dun paciente con TOC

Primeira intervención cirúrxica de Galicia dun paciente con TOC

Esta cirurxía, que mellor a calidade de vida dos pacientes, só se realiza en oito hospitais de España

Emprega impulsos eléctricos que chegan dun xenerador colocado baixo a clavícula e electrodos milimétricos instalados no cerebro

G24.gal 16/02/2024 14:28

O trastorno obsesivo compulsivo é unha doenza psiquiátrica que pode chegar a ser incapacitante para as persoas que o padecen. Segundo a neurocirurxiá Laura Serrano, hai pacientes que chegan a ter convulsións e obsesións en diferentes ámbitos da vida que mesmo os paralizan. Por exemplo, algúns non saen da casa por medo a contaminarse.

Cando a farmacoloxía e as terapias psicolóxicas convencionais non funcionan, a neuroestimulación cerebral profunda mediante a implantación de eléctrodos pode ser a solución. O neurocirurxián Pablo Sousa explica que estes pacientes teñen un desequilibrio nunha rede neuronal.

A técnica consiste en actuar sobre ese circuíto mediante impulsos eléctricos que chegan a través dun  xerador colocado baixo a clavícula e eléctrodos milimétricos instalados en zonas profundas do cerebro. É unha intervención minimamente invasora con resultados demostrados que mellora nun setenta por cento os síntomas médicos. Non cura a doenza pero aumenta a calidade de vida dos pacientes.

Esta cirurxía só se realiza en oito hospitais de España, e o Álvaro Cunqueiro acaba de converterse no primeiro en facelo con éxito en Galicia. Neste centro xa está planificada a segunda intervención e o obxectivo é converterse en referencia no tratamento cirúrxico desta patoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade