Cargando resultados...
Primeira visita de Estado dos reis a Alemaña en 25 anos
Primeira visita de Estado dos reis a Alemaña en 25 anos
Filipe VI entrevístase co presidente Steinmeier e co chanceler Scholz
Mañá inaugurarán a Feira do Libro de Frankfurt
Antón Montero
17/10/2022 19:26
Última actualización 17/10/2022 19:40
Os reis iniciaron este luns unha visita de Estado de 3 dias a Alemaña. Había 25 anos que non se producía. Filipe VI e a raíña Letizia foron recibidos polo presidente do país, Frank-Walter Steinmeier. Con el, o monarca compartiu unha mensaxe de apoio a Ucraína.
Posteriormente, Filipe VI entrevistouse co chanceler, Olaf Scholz, que arestora ofrece unha cea de gala. Mañá, os reis inaugurarán a Feira do Libro de Frankfurt, unha das máis importantes do mundo e que este ano ten a España como país convidado.