Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Ecuador di que "non van ceder" ante o crime organizado

O presidente de Ecuador di que "non van ceder" ante o crime organizado

As forzas de seguridade detiveron 329 persoas e "abateron" cinco polos sucesos do martes

Hai máis dun cento de funcionarios retidos por presos amotinados en varios cárceres

G24.gal 11/01/2024 08:56

Os soldados patrullan as rúas de Quito no primeiro día da despregadura militar ordenada polo Goberno ecuatoriano. A actividade foi moi reducida, coas clases suspendidas, a xente nas súas casas e un gran perímetro de seguridade na contorna do palacio presidencial.

Declarada a guerra do Estado contra o crime organizado, o exército deu conta do saldo de detidos despois da xornada de caos e violencia do martes. "Detivemos 329 terroristas", di un mando militar. 

Os que prenderon polo asalto á cadea de noticias TC están en prisión, procesados por terrorismo. Entre eles hai dous menores, de 15 e 17 anos. Os cárceres están no punto de mira. 139 funcionarios seguen retidos en cando menos cinco penais en que os presos se amotinaron, con sonadas fugas. Entre elas a de Fabricio Colón, acusado de planificar un atentado contra a fiscal xeral do Estado e por quen se ofrece unha recompensa.

Ecuador tamén bonificará a quen dea datos sobre o paradoiro de Fito, o capo dunha das bandas máis perigosas do país. O presidente Noboa reitera que non vai ceder.

Os veciños de Ecuador reforzan as súas fronteiras, se primeiro foi O Perú, agora Colombia tamén aumenta a vixilancia para controlar que non pasen fuxitivos ou criminais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade