Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohens e Guardiola defenden o plantón de Ayuso a Sánchez

Prohens e Guardiola defenden o plantón de Ayuso a Sánchez

As presidentas de Baleares e Estremadura piden porse na pel de Díaz Ayuso

Rexeitaron diante de Sánchez un financiamento singular para Cataluña 

Pedro Sánchez recibiu na Moncloa a Marga Prohens e María Guardiola
G24.gal 25/10/2024 14:24

Era o día de Isabel Díaz Ayuso, pero a presidenta non estivo na Moncloa. Preferiu vir ao Porriño que é "onde quería estar". Pero o seu nome sobrevoou por todo o complexo presidencial. Había interese en coñecer a opinión das súas compañeiras do Partido Popular, as presidentas de Baleares e Estremadura, Marga Prohens e María Guardiola. E ningunha das dúas se saíu do guión.

Tanto Guardiola coma Prohens defenderon a posición da Ayuso e pediron respecto para ela. Hai que "pórse na súa pel", din. Pero iso, sosteñen, non é incompatible con que elas si fosen á Moncloa. Guardiola xustificouno por que é a primeira vez "que teño oportunidade de poder reunirme co presidente" nunha xuntanza deste tipo.

Coincidiron en que foi un encontro cordial, pero cheo de discrepancias. A principal, a reforma do financiamento autonómico. Coinciden en que é urxente pero "non a calquera prezo". Rexeitan un financiamento singular para Cataluña e insisten na multilateralidade. O Goberno remite aos presidentes autonómicos á reunión preparatoria da Conferencia de Presidentes que se vai celebrar o próximo luns. E non se pecha a tratar calquera asunto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade