Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohibido o baño na praia do Con, en Moaña

Prohibido o baño na praia do Con, en Moaña

A causa do peche é unha vertedura de augas fecais

G24.gal 23/08/2023 21:27 Última actualización 23/08/2023 21:34

Este mércores prohibiuse o baño na praia do Con, en Moaña. Os socorristas do areal izaron a bandeira vermella e instalaron carteis por toda a praia para informar de que estaba prohibido o baño.

O motivo é que as analíticas practicadas detectaron na auga a presenza da bacteria E. coli. Parece que a orixe está nunha vertedura de augas fecais que se produciu hai uns días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade