Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohibir o uso do móbil diminúe o acoso escolar

Prohibir o uso do móbil diminúe o acoso escolar

En Galicia, 5 anos despois da súa prohibición en 2015, houbo entre un 12 e un 18 % de casos

G24.gal 11/09/2023 14:32

Estiveron botando fume durante todo o verán, pero desde hoxe os teléfonos móbiles dos escolares volverán estar parte do día silenciados e no interior das mochilas.

En Galicia está prohibido o uso do móbil dentro dos centros escolares e non só porque inflúe nos resultados académicos dos rapaces, senón tamén porque incide no acoso escolar.

Co inicio do curso, a Policía Nacional intensifica o seu Plan pola convivencia, ideado para loitar contra o acoso. Sen móbiles esa tarefa tamén resulta máis fácil para os centros.

De feito, os estudos indican que vetar o móbil nos centros rebaixa as cifras de acoso.

En Galicia 5 anos despois da súa prohibición en 2015, houbo entre un 12 e un 18 % de casos menos que no resto das autonomías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade