Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestas na cornixa Cantábrica e caravanas de tractores cara a Madrid

Protestas na cornixa Cantábrica e caravanas de tractores cara a Madrid

Dende outras zonas de España, varias caravanas comezaron xa o seu percorrido cara a Madrid para participar na concentración diante do Ministerio de Agricultura este mércores

G24.gal 20/02/2024 14:22

As protestas de agricultores e gandeiros no norte esténdense a Asturias ou Cantabria. Alí cortaron accesos á A-8 e queimaron pacas de herba. Dende distintos puntos de España, varias caravanas comezaron xa o seu percorrido cara a Madrid para participar na concentración diante do Ministerio de Agricultura este mércores. 

Arganda del Rey xa habilitou o seu recinto feiral para que uns 200 agricultores poidan pasar alí a noite antes de chegaren á capital. En Granada ou Teruel volveron producirse cortes de tráfico, e noutros puntos como Córdoba os tractores demoraron o tráfico. En Salamanca, agardaban a raíña Letizia, que os saudou dende o coche.

As tres principais organizacións agrarias desvincúlanse da convocatoria da manifestación deste mércores en Madrid. Hai outra convocada o día 26 diante sede da Comisión Europea, coincidindo co Consello de Ministros de Agricultura en Bruxelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade