Protestas polos ruídos dun canil en Lugo
Protestas polos ruídos dun canil en Lugo
Os afectados piden que se lle busque outra localización que non altere o descanso veciñal.
Quéixanse de que hai moitas persoas que levan alí os animais á deshora.
Os veciños da contorna da rúa Serra de Ancares, en Lugo, espera sempre coa mesma banda sonora.
"A xente que entra a traballar pronto vén ao mellor ás seis da mañá e hai uns alaridos no canil que son bastante molestos".
O mesmo acontece a altas horas da noite.
"Esta fin de semana eran as tres e vinte e estaban cos animais ladrando aquí e nós tamén necesitamos descansar".
Os veciños sinalan ademais que a acústica da praza fai o son aínda máis molesto e que a estrutura do canil, cunha reixa intermedia, tamén potencia o xogo e o enfrontamento entre os cans.
"Ao haber o balado intermedio os cans enfróntanse entre eles e aquí ao ser un sitio pechado a resonancia é maior".
Os que traen aquí os animais teñen opinións para todos os gustos.
"É a súa maneira de comunicarse e é o que teñen os canís".
"Pola noite si que poden molestar, pero a culpa é dos donos, que non lles paran os pés".
"Eu traballaba tamén como o resto e necesito saír antes e sacar o can".
Os veciños afectados mesmo recolleron sinatura para pedirlle ao Concello de Lugo un cambio de localización.
"Se se pode poñer noutro sitio, sería o mellor, especialmente pola hora á que veñen cos cans".
Subliñan que non están en contra dos animais, pero piden unha solución que permita conciliar as necesidades dos animais co descanso veciñal.