Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSdeG e PPdeG buscan a fórmula para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

PSdeG e PPdeG buscan a fórmula para apartar a Jácome da alcaldía de Ourense

Cabezas anuncia que convocou a socialistas e nacionalistas, pero Rodríguez (PSdeG) e Seara (BNG) rexeitaron a invitación

Jácome pon en valor os dez concelleiros obtidos por Democracia Ourensana para pedir que se deixe gobernar na cidade a lista máis votada

Formoso crea unha comisión para negociar co BNG a investidura de gobernos progresistas en todos os concellos onde sexa posible

G24.gal 01/06/2023 20:28 Última actualización 02/06/2023 12:00

A dirección do  PSdeG e o PP local moven peza para intentar aclarar a gobernabilidade en Ourense. Coinciden en excluír a Pérez Jácome de calquera negociación.

A Comision Executiva Nacional do PSdeG, reunida para analizar o escenario postelectoral, crea unha comisión para negociar co BNG a investidura de gobernos progresistas en todos os concellos onde sexa posible. Nese marco inclúe tamén a busca dunha solución á complicada situacion en Ourense.

"O que está claro é que o PSdeG non vai negociar nada con Jácome. O primeiro que temos que facer é unha avaliación con esta fórmula na mesa co BNG, que tamén ten que asumir esta responsabilidade", di o Secretario xeral do PSdeG Valentín González Formoso.

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense Manuel Cabezas, informou de que convocara os candidatos do PSdeG Paco Rodríguez e BNG Luís Seara para tratar de analizar vías alternativas que eviten a continuidade na Alcaldía de Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá. Con todo, Rodríguez e Seara descartaron a invitación,. 

Cabezas apelará tamén aos nacionalistas para superar, di, unha situación de emerxencia política. E mentres, Jácome pon en valor os dez concelleiros obtidos por Democracia Ourensá para pedir que se deixe gobernar na cidade a lista máis votada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade