Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e Sumar pactan gravar os seguros de saúde privados e bens de luxo

PSOE e Sumar pactan gravar os seguros de saúde privados e bens de luxo

O acordo enmárcase no novo paquete fiscal que prepara o Goberno que non incorporará o tributo ás enerxéticas que é temporal e decae ao acabar o ano

O PSOE suspende a comisión do Congreso na que se ían debater as medidas fiscais ante a oposición de ERC, BNG, Bildu e Podemos, que seguen reclamando o imposto ás enerxéticas

G24.gal 11/11/2024 17:12

PSOE e Sumar chegaron a un acordo sobre o paquete fiscal que pretende impulsar o Goberno, polo que se eliminará a exención da que agora gozan os seguros de saúde privados e crearase un imposto para os bens de luxo, pero renuncian a converter en imposto o gravame enerxético, segundo fontes de Sumar.

O anuncio deste acordo chega despois da desconvocatoria da Comisión de Facenda do Congreso que ía debater este paquete fiscal, introducido a través de emendas á lei do tipo mínimo das multinacionais, polo que todo apunta a que non se logrou un acordo co resto dos grupos.

O Goberno chegara a un acordo con PNV e Junts sobre o paquete fiscal que implicaba manter o imposto bancario pero deixar caer o enerxético, algo ao que se opoñen varios dos socios parlamentarios, entre eles Sumar, Podemos, ERC ou Bildu, cuxos votos son imprescindibles para sacar a iniciativa adiante.

O acordo coñecido este luns supón a renuncia de Sumar ao imposto enerxético, a cambio doutras das súas reivindicacións, como eliminar a exención fiscal ás primas de seguros privados sanitarios, unha decisión que polo momento parece que non tomaron o resto das formacións, polo que todo o paquete fiscal está no aire.

O acordo tamén pretende elevar a fiscalidade do aforro para rendas de máis de 300.000 euros que pasaría do 28 % ao 30 % en lugar da o 29 %, como prevía a proposta socialista; e tamén introducir un IVE do 21 % para os apartamentos turísticos.

O acordo recolle outras iniciativas, como suprimir o réxime fiscal especial das socimis (sociedades anónimas cotizadas de investimento no mercado inmobiliario), despregar o Estatuto do Artista ou mellorar a fiscalidade das cooperativas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos