Puigdemont aposta por un liderado forte: "Non viñemos para reflotar o PSOE"
Puigdemont aposta por un liderado forte: "Non viñemos para reflotar o PSOE"
Os candidatos de Esquerra e do PSC, Aragonès e Illa, comprométense a buscar consensos para evitar unha repetición electoral
O PP propón crear oficinas contra a ocupación de vivendas en Cataluña
Carles Puigdemont cargou desde o sur de Francia contra os principais rivais políticos, Illa e Aragonès. Di que "Cataluña non pode ser o flotador do PSOE" e propón un novo liderado para que non desapareza a nación catalá.
"Liderado, que é coraxe, que é determinación, que é resiliencia e non dobregarse ante as dificultades nin espantarse, que necesitamos, sobre todo, autoestima de país".
Mentres, Pere Aragonés, nunha entrevista en El Nacional aposta polo todo ou nada. Descarta ser vicepresidente no futuro Goberno da Cataluña, así como unha repetición dos comicios,
"Eu non serei vicepresidente dun goberno despois de estar presidindo a Generalitat de Cataluña. Porque os presidentes da Generalitat de Cataluña representamos a institución máis aló do tempo que estamos a exercer o cargo".
Desde o PSC, Illa tamén descarta a repetición electoral. Ademais, pídelle a Junts e Esquerra que reflexionen sobre "por que Cataluña está como está" tras as presidencias de Mas, Puigdemont, Torra e Aragonès.
"Á cola en educación, sen estar preparados para a seca, sen ter tomada nin unha soa decisión relativa a infraestruturas de Cataluña, sen ter abordado a reforma da sanidade, cun problema de seguridade".
Precisamente, o PP catalán falou de seguridade e okupación. Alejandro Fernández propón avais para os alugueiros da xente nova e medidas legais co fin de frear o fenómeno ocupa.
"Unhas oficinas antiocupa, que levaremos á Generalitat de Cataluña como a que ten Albiol a nivel municipal. Coa ocupación, tolerancia cero, porque sen seguridade non hai liberdade".