Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin anuncia un acordo con Belarús para a despregadura de armas nucleares tácticas

Putin anuncia un acordo con Belarús para a despregadura de armas nucleares tácticas

O presidente ruso asegurou que non transferiría o control desas armas a Minsk

É a resposta de Moscova ao anuncio británico da subministración de munición de uranio empobrecido a Ucraína

 

Vladimir Putin, presidente de Rusia/EP Vladimir Putin, presidente de Rusia/EP
G24.gal 25/03/2023 19:25 Última actualización 25/03/2023 19:37

O presidente ruso, Vladimir Putin, anunciou este sábado un acordo para a despregadura de armas nucleares tácticas rusas, é dicir, de curto alcance, en territorio de Belarús en resposta ao anuncio británico da subministración de munición de uranio empobrecido a Ucraína.

"Acordamos co presidente bielorruso, Alexander Lukashenko, a despregadura de armas nucleares tácticas en Bielorrusia sen violar o réxime de non proliferación", explicou Putin nunha entrevista na televisión Rossiya 24.

"En canto ás nosas negociacións con Alexander Grigoryevich Lukashenko, o motivo son o anuncio do viceministro de Defensa británico sobre a subministración de munición de uranio empobrecido a Ucraína, o cal está vinculado dunha ou outra maneira coa tecnoloxía nuclear", engadiu.

Putin explicou que a construción das instalacións para a almacenaxe de armas nucleares tácticas en Belarús estará terminada o 1 de xullo. Estas armas seguirán baixo control ruso.

Destacou que este envío de armas nucleares non viola os acordos de non proliferación porque Estados Unidos ten armas nucleares noutros países desde hai anos.

Belarús conta xa desde hai meses con mísiles tácticos Iskander con capacidade de portar oxivas nucleares e Rusia conta xa con ata dez avións de combate con capacidade nuclear despregados en territorio bielorruso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade