Putin prohibe exportar petróleo aos países que impoñan tope nos prezos
Putin prohibe exportar petróleo aos países que impoñan tope nos prezos
A medida responde ao tope de 60 dólares por barril imposto ao cru ruso pola UE, o G7 e Australia
O presidente de Rusia, Vladimir Putin, asinou hoxe un decreto en que prohibe a partir do 1 de febreiro de 2023 exportar petróleo aos países que apliquen un tope aos prezos do cru ruso.
A medida responde ao tope de 60 dólares por barril imposto ao cru ruso pola Unión Europea, o G7 e Australia debido á campaña militar de Moscova en Ucraína, que ten aplicación ata o 1 de xullo.
No caso dos produtos derivados do petróleo, a data en que se fará operativa a medida non será antes do mes de febreiro. O decreto precisa que Rusia non cumprirá coas subministracións de petróleo con destino a persoas físicas ou xurídicas en casos de contratos que inclúan "de xeito directo ou indirecto" mecanismos de fixación de límites ao prezo.
"A prohibición se aplicarase durante todas as fases da subministración ata o comprador final", subliña Moscova. Tamén din que as medidas adóptanse "debido ás accións pouco amistosas e que se contradín coa lexislación internacional" adoptadas polos EUA, os países estranxeiros e outras organizacións.
O documento ruso engade que o obxectivo do decreto é salvagardar os intereses nacionais de Rusia.