Putin recoñece que Rusia estivo ao bordo da guerra civil polo motin do grupo Wagner
Putin recoñece que Rusia estivo ao bordo da guerra civil polo motin do grupo Wagner
Belarús confirma que Prigozhin, o xefe de Wagner, está no país
O presidente ruso compareceu nunha homenaxe ao exército para agradecerlle que frease unha guerra civil durante a rebelión do grupo Wagner.
Vladimir Putin recoñeceu que o financiamento da compañía militar privada de Evgueni Prigozhin corría plenamente a cargo do Estado ruso. Insinuou unha investigación sobre o uso dos cartos públicos no negocio cos mercenarios.
Pero ao mesmo tempo o Kremlin retirou os cargos contra os rebeldes, como se acordara na mediación para acabar co motín.
Nas últimas horas resolveuse a incógnita sobre o paradoiro de Prigozhin. Está exiliado en Belarús. Confirmouno o presidente Lukashenko, que asegura que foi el persoalmente quen o convenceu de deixar de avanzar cara a Moscova e de poñer fin á rebelión. Ofrécelles asilo aos combatentes de Wagner. Asegura que poden ser útiles compartindo a súa experiencia na guerra.