Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queda prohibida a venda de cans, gatos ou furóns nas tendas

Queda prohibida a venda de cans, gatos ou furóns nas tendas

Os animais de compañía só se poderán mercar a través de criadores autorizados

Félix Aragunde 01/10/2024 20:29 Última actualización 01/10/2024 20:44

Estas imaxes de cadeliños nunha tenda de mascotas xa son historia. En virtude da Lei de protección dos dereitos e do benestar dos animais, de obrigado cumprimento dende esta semana, os cans, os gatos e os furóns xa non se poden exhibir nin vender nun comercio.

A partir de agora, só se poderán adquirir a través dun criador debidamente rexistrado.

Iván Díaz, criador de mascotas: "Ao mellor dous animais teñen oito metros cadrados, dos que saen todos os días a xogar nos seus parques. E conviven con humanos e con outros animais de distintos tamaños, para ser totalmente sociables e marchen tranquilos". 

En calquera caso, segue existindo outra vía para facerse cunha mascota sen ter que comprala. Como ata agora, pódense adoptar os animais nas diferentes protectoras. Para facelo, cómpre ser maior de idade, contar cos requisitos esixidos e, finalmente, asinar un contrato de adopción.

Alberto Losada, presidente da Protectora de Animais de Lugo: "É un contrato onde se adquiren unha serie de compromisos, como avisarnos se hai problemas de adaptación. E se cadra, nalgún caso mesmo hai que anular o contrato".

A nova lei tamén contempla que todos os donos de cans teñan un seguro de responsabilidade civil e ademais reciban de balde un curso formativo. Así e todo, estes puntos aínda non están regulamentados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade