Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas de insalubridade e pouco mantemento dun parque infantil en Santiago

Queixas de insalubridade e pouco mantemento dun parque infantil en Santiago

Familias do barrio de Vite din que ninguén mira polo seu parque

Está á porta da escola e ten moito uso, pero ao carón teñen unha colonia felina e din que se converteu no areeiro dos gatos

G24.gal 01/05/2024 13:49

O parque infantil da compostelá rúa Alexandre Bóveda ten moito uso. Queda á porta do colexio de Vite e xúntase moita cativada, ás horas de saída e entrada da escola e polas tardes. 

"Atópome con Breixo, Dani, Aixa..."; "Cando vai sol veño, cando chove non"; "Xogamos por aquí e por alá"; "Ás veces subo aí", din varias nenas e nenos.

Pequenos e maiores reclaman melloras no equipamento. "Que o veñan arranxar", di unha nena. "Queremos que renoven algún dos elementos que xa están horribles, o rodapé, xa vedes, estelas, cravos, ferros oxidados...", explica un pai.

"Pintura descascada... é unha pena porque cando vai calor estase moi ben, xuntámonos un montón de familias e podíano ter máis coidado", di unha nai.

E apuntan outro importante tema de conflito neste parque de Vite. "Temos unha colonia de gatos, e coa area, é un areeiro para gatos, puxemos varias denuncias a través da aplicación liña verde pero non tivemos resposta", quéixase unha nai.

Como consecuencia directa da proximidade desta colonia de gatos anunciada en carteis moi preto da zona de xogos e á porta da escola, denuncian a insalubridade do espazo.

"Os gatos fan caca e manchan", argumenta unha nena". "Hai porquería, os nenos collen terra con pas...". "Teño tres nenos, desprazarme a outro parque é un impedimento, este é o máis próximo e cómodo, pero está deixado da man de Deus", di outra nai.

Queren que o concello de Santiago lle preste máis atención ao parque, e ao barrio de Vite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade