Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Oia esixen o soterramento dos cables eléctricos pendurados nas fachadas

Veciños de Oia esixen o soterramento dos cables eléctricos pendurados nas fachadas

Denuncian que é perigoso para os peóns e para a circulación e que nalgunhas vivendas non poden abrir portas e ventás

G24.gal 15/05/2024 13:49

A instalación eléctrica do barrio do Arrabal en Oia está pendurada das fachadas das casas. Os veciños denuncian as incomodidades e riscos que isto supón. Din que é perigoso para os peóns e para a circulación e que nalgunhas vivendas non poden abrir portas e ventás sen mover os cables coas mans os cables.

Aseguran que levan anos soportando unha situación que tamén sorprende os peregrinos que se aloxan na zona. Esixen que se acometa o soterramento dos cables tal e como estaba previsto hai anos e non comprenden como as tubaxes que se abriron daquela para facelo agora non serven.

Xa puxeron queixas na compañía eléctrica e no Concello, pero continúan sen resposta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade