Queixas por ruídos nocturnos nas obras da estación de tren de Lugo
Queixas por ruídos nocturnos nas obras da estación de tren de Lugo
Os traballos máis ruidosos danse cara a rúa Montero Ríos
Os veciños piden que se coordinen as obras para evitar molestias
As obras execútanse en dúas zonas diferentes da estación de tren. As lindeiras coa rúa Montero Ríos son as máis ruidosas e nas que se traballa de noite. Aínda que non sucede sempre, o certo é que algúns veciños teñen problemas para durmir de noite debido aos ruídos procedentes do traballo das máquinas de construción e dos operarios.
A meirande parte dos veciños sinalan que as obras son moi necesarias, xa que a estación ten edificios moi antigos que é preciso derrubar para poder ter lista canto antes a intermodal. Porén, piden que os traballos axeiten os seus horarios para que as molestias sexan as menores posible e que se poida descansar. E é que durante o día o paso de camións é incesante.
O Concello di que realizarán medicións de ruído se os veciños o solicitan. Outro problema é que se reduciron prazas de aparcamento por causa das obras na parte traseira da estación.