Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas dos usuarios da liña de autobús que une Vigo-A Guarda

Queixas dos usuarios da liña de autobús que une Vigo-A Guarda

Moitos usuarios e usuarias da nova empresa concesionaria Lugove quéixanse do servizo porque deixa moitos viaxeiros en terra

A venda de billetes faise abordo e cando se enchen as prazas xa non se permite o acceso  

A dirección da empresa fala de picos de demanda en liñas puntuais e reforzos que non contempla a Administración autonómica

 

G24.gal 21/01/2024 20:01 Última actualización 21/01/2024 20:28

É unhas das liñas que cubre o traxecto Vigo-A Guarda a que máis queixas está xerando entre os usuarios do servizo. A gota que colmou a súa paciencia chegou na xornada do pasado sábado, cando se esgotaron as prazas de regreso a este concello do Baixo Miño. Aseguran que sobre unhas trinta persoas quedaron en terra. 

"Unha cola impresionante, eu quedei alucinada. E claro, quitas o billete no propio bus. Enche o bus e, por suposto, terminouse. Entón eu dicíalle: 'Pero imos ver, como van quedar estes rapaces aquí, que non teñen como ir de volta porque A Guarda non queda a dez minutos de Vigo", contaba Cristina Alonso, unha das afectadas.

A venda de billetes faise abordo, é dicir, non hai reserva de praza. Así está recollido no prego de condicións asinado entre a empresa e a Xunta. Isto obriga moitos usuarios a estar na parada con moita antelación. Ainhoa e Asli son algunha das usuarias deste servizo.

"Sobre todo ás últimas horas do día, sobre todo en verán, acumúlase moita xente e se non chegas a tempo, con antelaciónn podes quedar fóra e non hai buses de reforzo".

"Moitas veces pasa polas paradas e deixa xente alí, é dicir, non para". 

Dende a dirección da empresa aseguran que efectivamente en servizos puntuais hai picos de demanda. Por iso contan con persoal de retén para casos concretos xa que eses reforzos non están contemplados no contrato. Tamén cren que as axudas para fomentar o transporte público está aumentando o seu uso.

"Resulta que algún dos rapaces de dentro e dos señoresdin: 'Mira, eu douche por 20 euros, o meu billete', e saíu todo contento dicindo 'gañei 20 euros hoxe porque eu teño como durmir en Vigo", comentaba Cristina Alonso.

A empresa, que non ten coñecemento destes feitos, asegura que iniciará unha investigación. A nova concesionaria entrou en funcionamento en decembro de 2020 con motivo do novo plan de transportes autonómico para comunicar Vigo cos concellos do Baixo Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade