Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas no barrio ourensán do Pino polo tráfico na antiga estrada que vai a Vigo

Queixas no barrio ourensán do Pino polo tráfico na antiga estrada que vai a Vigo

Denuncian que non se respectan os límites de velocidade e o uso ilegal dun atallo

G24.gal 28/07/2024 13:07 Última actualización 28/07/2024 14:29

No barrio do Pino aseguran que o tráfico na antiga estrada Ourense-Vigo é un perigo. Boa parte dos condutores non respectan o límite de 40 quilómetros á hora. E iso que hai lombos no firme, semáforos e sinais que advirten da presenza habitual de radares.

A estrada, pola anchura e por ser de único sentido, pode dar a sensación de que se permite correr de máis.

"Cando pos un pé na vía xa parece que te van coller".

"Van moi rápido e hai demasiado tránsito".

Outro problema é que numerosos condutores usan esta vía tan estreita, na rúa do Arco, para atallar os cambios de sentido.

Malia estar permitido o paso só a residentes e a 20 quilómetros por hora, o certo é que os coches pasan en ambos sentidos a calquera hora e calquera velocidade.

"Aquí pasan os que non son residentes, corren o que queren e aínda nos increpan".

"Como nos andes con ollo, lévante por diante".

Os veciños piden máis sinalización e que a policía local vixíe os infractores que pasen pola zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade