Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas no barrio lugués de Augas Férreas polo ruído e o lixo que xera o botellón

Queixas no barrio lugués de Augas Férreas polo ruído e o lixo que xera o botellón

O Concello anuncia para a zona un reforzo da vixilancia policial e do servizo de limpeza

Félix Aragunde 13/09/2024 12:59

Comeza o curso, e tamén as molestias que ocasiona o botellón en Augas Férreas, un barrio de Lugo próximo ao campus universitario.

Os veciños quéixanse do ruído e da sucidade que xera esta práctica na maior praza da zona, mesmo con danos no parque infantil, xa a golpe de mércores, sen sequera agardar á fin de semana.

Ademais de demandaren un maior civismo por parte da mocidade, os afectados reclaman tamén unha maior vixilancia policial no barrio.

Pola súa parte, no Concello de Lugo anunciaron que se vai reforzar o control policial e mais o servizo de limpeza neste barrio de Augas Férreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade