Publicador de contidos
Publicador de contidos

As continuas avarías no ascensor da avenida das Fontiñas, en Lugo, provocan as queixas dos usuarios

As continuas avarías no ascensor da avenida das Fontiñas, en Lugo, provocan as queixas dos usuarios

O aparello dálles servizo a numerosas persoas, moitas coa mobilidade reducida

Félix Aragunde 22/05/2024 13:39

As continuas avarías no ascensor da avenida das Fontiñas, en Lugo, non deixa de provocar as queixas dos usuarios. De feito, os veciños da zona sinalan que nos últimos meses botou máis tempo parado que funcionando.

Tras unha avaría que durou varios días, o ascensor volve estar parado. Como resultado, os numerosos usuarios deste aparello teñen que usar as escaleiras ou dar un rodeo. 

O aparello dálles servizo a moitos residentes no barrio, en especial ás persoas maiores ou con mobilidade reducida. Os usuarios reclaman, por tanto, que sexa arranxado e que non se avaríe a cada pouco.

O ascensor das Fontiñas instalárase hai cinco anos, co fin de salvar un desnivel de máis de dez metros. Dende o Concello sinalan que no propio aparello figura un teléfono ao que chamar en caso de avaría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade