Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas polo mal estado dun paso inferior na estrada N-540 en Portomarín

Queixas polo mal estado dun paso inferior na estrada N-540 en Portomarín

Os usuarios do túnel da Volta de Varela reclaman o arranxo integral do firme

 

 

Félix Aragunde 19/04/2023 13:56

Así é como se encontra o túnel que pasa baixo a N-540 na Volta de Varela, en Portomarín. Algunhas das fochancas dos accesos ocupan todo o ancho da calzada, mentres que a cuneta ten case un metro de fondura, co perigo que supón para os vehículos que abeiren.

O túnel, que xa foi parcheado en numerosas ocasións, dálles servizo aos veciños da propia parroquia de Nespereira e de varios lugares de Monterroso, sobre todo de Ligonde. Evita que teñan que dar rodeos quilométricos, polo que os usuarios reclaman o seu arranxo integral.

Ademais da renovación do pavimento do túnel, os gandeiros da zona reclaman tamén que se habilite un paso para a maquinaria agrícola de gran tamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade