Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portomarín, único concello galego con máis coches ca persoas

Portomarín, único concello galego con máis coches ca persoas

Hai na vila 1.419 coches matriculados, fronte aos 1.345 veciños censados

 

G24.gal 23/09/2024 14:41

Din os datos que no concello de Portomarín hai máis coches ca persoas, e as cifras non sorprenden os veciños.

"Posiblemente, censados non chegaremos aos 1.500 e coches seguro que hai máis si".

Fronte aos 1.345 residentes, de todas as idades, hai 1.419 coches matriculados.

"Hai moitas casas que teñen tres e catro coches pero terán moitos condutores". "Pode ser porque hai casas que teñen cinco ou seis coches".

Hai quen pensa que detrás hai algo excepcional.

"Eu creo que se debe a que algún concesionario debe matricular coches aquí".

Pero cando preguntamos....

"Na miña casa ten un a miña muller e dous eu".

"Hai máis coches ca persoas, é verdade. Eu estou en sola na casa e teño dous".

Moitos ofrecen explicacións para este curioso dato como a extensión do municipio ou que se paga menos no imposto de circulación.

"Moita xente vive en Lugo e ten aquí a segunda residencia".

"Para deixarlles aos empregados para traballar".

"Eu teño unha furgoneta que uso para traballar e despois teño este".

"No rural se non tes coche como te moves, porque transporte non hai".

Na lista de maior índice de turismos por habitante séguenlle a Portomarín outros dous concellos lugueses,  Palas de Rei e A Pastoriza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar