Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sorriso, un xesto que libera hormonas, fainos máis felices e menos estresados

O sorriso, un xesto que libera hormonas, fainos máis felices e menos estresados

O sorriso libera endorfinas e serotonina que nos liberan do estrés e melloran o estado de ánimo

G24.gal 04/10/2024 12:51

Hoxe celebramos o Día Mundial do Sorriso. Un xesto saudable para nós e para os que nos rodean porque, queiran que non, hai ditos populares que levan moita razón e todo todo se leva sempre mellor cun sorriso.

Hai sorrisos famosos, coma o da Mona Lisa; enigmáticos, como o que nos ofrece o profeta Daniel dende o Pórtico da Gloria; fermosos e mesmo inquietantes, coma o do Joker.
Unha linguaxe non verbal universal que provoca empatía. Todo se leva mellor cun sorriso. "Exacto. Os días grises alégranse cun sorriso". 

Cando sorrimos o corpo libera endorfinas e serotonina, dúas hormonas que nos fan sentir menos estresados e máis felices. 

O sorriso é, case sempre, o preludio da risa. "Eu intento sorrir sempre, a vida é curta e hai que gozar dela".

Importante non esquecelo nunca, nin sequera nos momentos máis complicados. Un sorriso pode iluminar os días escuros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade