Fórmanse ringleiras en Vigo para conseguir entradas para o concerto de Dani Fernández
Fórmanse ringleiras en Vigo para conseguir entradas para o concerto de Dani Fernández
Presencialmente véndense 4.000 entradas, mentres que as outras 1.000 poden conseguirse en liña
O cantante Dani Fernández causa sensación en Vigo. Este luns formáronse ringleiras interminables para conseguir unha entrada para a actuación que abrirá o programa dos concertos de Castrelos. Este ano, como novidade, son nominativas, para evitar a revenda.
Non se acababa nunca. É a ringleira de fans de Dani Fernández. Hugo e Sara foron os primeiros en chegar. Mentres que outros, cunha axenda apertada, mandaron os pais.
Venderanse 4.000 entradas en despacho físico e 1.000 en liña en horario de mañá e tarde cun prezo de 10 euros.
Este ano como novidade cada entrada inclúe o DNI da persoa que a merca. Moita espera, algúns atrancos na venda, pero a ringleira pagou a pena porque segundo eles todo cambia despois dun concerto de Dani Fernández.