Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ruído que causan as obras do AVE en Seixalbo provocan as queixas veciñais

O ruído que causan as obras do AVE en Seixalbo provocan as queixas veciñais

Os veciños din que é imposible conciliar o sono

Realizan moitos traballos de noite aproveitando que non pasan trens

G24.gal 11/12/2023 14:38

Resoan os martelos e as alarmas da maquinaria, roxen os compresores e as máquinas perforadoras. Son algúns dos constantes ruídos que lles quitan o sono aos veciños de Seixalbo, en Ourense. Proceden das obras da variante exterior do AVE, e gran parte dos traballos realízase de noite aproveitando que non pasa ningún tren.

"Polas noites escoitase moito porque golpean cunha máquina. Están perforando a zona da vía e é moi molesto, é imposible conciliar o sono", explica unha veciña.

Din que a situación é un calvario para os veciños que viven máis preto das obras e que ademais os movementos de terras teñen o lugar revolto e con moitos accesos cortados.

"A xente que o vive estao pasando mal porque son moitas noites e moito tempo seguido. Está todo patas arriba, en moitos sitios non se pode entrar nas casas nin nas adegas porque está todo enlamado e non deixaron accesos pero imaxinamos que será transitorio".

Saben dos problemas que traen aparellados as obras e malia que o toman con resignación din que xa van moitos meses.

"Téñeno que facer, con ruído ou sen ruído. É peor que boten auga ou outra cousa".

Ademais do ruído, as obras da variante xa provocaron diversas inundación e a obstrución de sumidoiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade