Queixas por deficiencias na vía férrea entre Ferrol e Ribadeo
Queixas por deficiencias na vía férrea entre Ferrol e Ribadeo
Producíronse dous accidentes en menos dunha semana
Exceso de paradas e baixa velocidade, motivos das protestas
Trece é o número de persoas afectadas en dous accidentes que se produciron no Vicedo e San Sadurniño en menos dunha semana. Foron sinistros sen feridos, pero que obrigaron os viaxeiros a permanecer pechados no tren durante horas.
En ambos casos tratouse de problemas provocados pola caída de árbores sobre a vía, e é que a falta de limpeza e mantemento da contorna das vías é a principal queixa dos usuarios.
Os usuarios lamentan tamén o excesivo número de paradas que ten o traxecto entre Ferrol e Ribadeo e que, unidas á escasa velocidade do tren, fan que o traxecto poida prolongarse ata máis de tres horas, cos conseguintes prexuízos para o turismo, o comercio e as xornadas laborais.
Tan só no concello do Vicedo existen tres apeadoiros onde a maleza xa é un serio problema.