Queixas veciñais en Lugo polo mal estado de varios pasos de peóns
Queixas veciñais en Lugo polo mal estado de varios pasos de peóns
O Concello di que xa están contratadas as obras e que comezarán a executarse nas vindeiras semanas
No barrio lugués de San Antonio a asociación de veciños denuncia o mal estado en que se atopan varios pasos de peóns, na rúa Lamas de Prado.
Na zona hai tres centros de ensino, polo que esixen un arranxo urxente. O Concello pídelles paciencia e di que as obras se van a realizar en poucas semanas.
"Leva así anos, toda a vida o lembro así. Dende que eu veño aquí levan sen pintar. Este paso non se pintou dende hai anos", quéixanse varios veciños.
Preocupa a seguridade dos peóns. Especialmente dos máis pequenos. "É moi perigoso porque ás veces hai retencións e os coches que suben non ven o paso", di outro veciño.
No perímetro dos colexios o Concello construíu lombos e pintou os pasos, pero nas rúas próximas o traballo aínda está pendente.
A concellería de mobilidade xa ten previsto e contratado o proxecto para a renovación completa da rúa Lamas de Prado, tanto do pavimento como da pintura dos pasos.
Está previsto que as obras comecen nas próximas semanas.